viernes, 25 de junio de 2021

GAÑADORES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLO PUERTO DE CELEIRO

 Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este ano, sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021. Un concurso organizado, como cada ano, polo Puerto de Celeiro.

O xurado estivo conformado por Ana Feáns, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.

O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía  Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. O premio ao mellor traballo recaeu en Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleo e o terceiro para Nerea Pigueiras. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam e o terceiro para Sara Asmerón.  As rapazas e rapaces gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña. O centro será premiado ademais cunha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros. 

Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

O acto de entrega dos premios tivo lugar o venres 25 de xuño, Día da xente do mar, ás 12:30 no salón de actos do Puerto de Celeiro.

Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.

Graduación alumnado de 6º de Primaria

Co remate deste curso o alumnado de 6º de Primaria 

tamén remata a súa escolaridade no colexio de Celeiro.

As experiencias vividas nestes  anos  son innumerables, e estamos seguros que o chegar hoxe aquí para moitos  non foi fácil, estes anos requiriron de moito esforzo e dedicación e hoxe non é máis que o resultado de todo o seu empeño.

Tocoulles vivir nunha época difícil en todos os sentidos, pero amosaron ser fortes e con ganas de superación.

Deron un paso esencial no seu camiño da educación pero aínda teñen moitos que dar e por iso lles pedimos que sigan esforzándose para chegar a lograr todo o que desexen.

A vosa titora, Eva e todos os demais profesores, 

deséxanvos moitos éxitos na vosa vindeira etapa!




martes, 22 de junio de 2021

Rematamos o curso 20-21

Hoxe, último día do curso, celebramos o comezo das vacacións de verán cun divertido circuíto de xogos no que participou todo o alumnado do colexio.

As nenas e nenos de sexto curso, como veteranos que son,  foron os encargados de dirixir as diferentes actividades: xogos de persecucións, de equilibrio, de coordinación... poñendo sempre por diante a colaboración e a diversión.

Pasáronno estupendamente! e despois, para repoñer forzas, unha boa merenda saudable: brochetas de froitas variadas, estaban requísimas!


 


lunes, 21 de junio de 2021

Graduación do alumnado de 6º de Infantil

 Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés. Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria. 

  • Iniciaron a mañá visualizando un vídeo que recolle os momentos de toda a etapa, desde que comezaron en setembro de 2018 ata xuño deste ano 2021.
  • A titora, Inés, entregoulles un diploma e unha orla ben bonita.
  • E por suposto, non faltou unha gran merendola!

VÍDEO DA PROMOCIÓN


 

 
Boas vacacións para todos, descansade, gozade e volvemos a vernos en PRIMARIA!


viernes, 18 de junio de 2021

miércoles, 16 de junio de 2021

Concerto final de curso

 Estamos chegando ao final do curso 20-21 e facémolo con actividades diferentes, nesta ocasión a ANPA do colexio organizou un concerto do grupo de rock GRAMOLA GOMINOLA:

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

 AGRADECEMOS Á ANPA DO COLEXIO A ORGANIZACIÓN DESTE CONCERTO



viernes, 11 de junio de 2021

Saída "CAMIÑO DO MAR"

 Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.

Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.

 



GAÑADORES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLO PUERTO DE CELEIRO

  Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este...