miércoles, 9 de junio de 2021

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO COLEXIO

Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:

  • Nas aulas de infantil fixeron manualidades e nas de primaria un Trivial sobre o mar.
  • No ximnasio  tivemos unhas charlas informativas e visuais sobre os animais dos mares e acéanos
  • No patio houbo actividades deportivas de relevos moi divertidas.

Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.

Estas actividades  foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:

Queda por realizar o concurso de fotografía e a entrega dos premios. Neste enlace temos as bases.

 
Agradecemos a Puerto de Celeiro todas as atencións para con nós. 
Foron unhas actividades de moito proveito para o noso alumnado e pasárono moi ben!
MOITAS GRAZAS.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade:

 PREME NA IMAXE


 



 

martes, 8 de junio de 2021

Xornada de lecer do alumnado de 6º de Primaria

Bos días: xente cativa e non tan cativa!

O día 7 de xuño de 2021, o alumnado de sexto curso dirixíuse cara a Galdo e San Roque (Viveiro) para emprender unha aventura moi especial: disfrutaron dun día de paintball e adentráronse en "RoqSort", tirándose por unhas grandes e non tan grandes tirolinas, entre outros obstáculos. Pasárono moi ben!

HELENA GOÁS REGO de 6º de Primaria.


Xornada de lecer, a modo de despedida do curso tan difícil que tivemos. O alumnado de 6º curso acompañado das profesoras Eva e Rita, pasaron unha xornada no campo de Paintball de Galdo e no Parque de Aventuras de San Roque, da empresa RockSport de Viveiro


miércoles, 2 de junio de 2021

TRABALLAMOS O MEDIO AMBIENTE E O DÍA DOS OCÉANOS

Día Mundial do Medio Ambiente 05-06-2021 
Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta. 
Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). 
 
Día Mundial dos Océanos 08-06-2021
como o Ano Internacional dos Océanos, con todo, a conmemoración anual non está aínda oficialmente recoñecida pola ONU. A celebración desta efeméride ambiental ten unha xustificación máis que evidente, xa que o 71% da superficie do planeta está formada polos mares e océanos. Ata fai relativamente poucos anos, concibíase aos océanos como unha fonte inesgotable de recursos para os animais que os habitan e os seres humanos. Agora, a comunidade internacional parece haberse concienciado da fraxilidade destes hábitats que se enfrontan a serias ameazas como a sobreexplotación, a contaminación ou a desaparición dos arrecifes de coral, entre outros.
 
 NO COLEXIO IMOS REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON
PUERTO DE CELEIRO

CONCURSO ESCOLAR

 RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021

E

DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES 

 

 NA SEGUINTE PRESENTACIÓN ATOPAREDES 
AS BASES PARA O CONCURSO E 
O PROGRAMA DA XORNADA DO DÍA 8 DE XUÑO

viernes, 21 de mayo de 2021

Excursión de 5º curso de Educación Primaria

 Na mañá do xoves, 20 de maio, o alumnado de 5º de Educación Primaria, xunto coas mestras Susana e Rita, desplazáronse ata o Monte San Roque de Viveiro, onde se atopa o parque de aventuras ROQSPORT.

Foi unha pequena viaxe a modo de excursión de fin de curso. Pasáronno estupendamente!!!

PREME NA IMAXE 

 

 


martes, 11 de mayo de 2021

AS NOSAS ACTIVIDADES POLAS LETRAS GALEGAS 2021

 Na páxina especial dedicada a Xela Arias temos todas as actividades que realizamos para estas Letras Galegas 2021.

PREME NA IMAXE



viernes, 30 de abril de 2021

Sesión de teatro online para o alumnado de Infantil

O mércores, 26 de abril, o alumnado de Infantil tivo a oportunidade de participar na proxección online da obra teatral "As fabas máxicas" de CARAMUXO TEATRO,  a través das actividades escolares Afundación.

Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.

Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.


jueves, 22 de abril de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O venres, 23 de abril, celebramos o Día do Libro, e por iso esta semana estivo dedicada a levar a cabo moitas actividades para conmemorar esta data tan especial e recordarnos todos os beneficios que nos aporta a lectura. 
No seguinte Genially amosamos un resumen destas actividades realizadas por todos os cursos.

GAÑADORES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLO PUERTO DE CELEIRO

  Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este...